SESIÓN DE RELAXACIÓN CON ANGUS GÓMEZ

/ Marzo 14, 2022/ Noticias

O pasado xoves o alumnado de 1º de Educación Infantil tivo a sorte de contar con Angus, psicóloga de profesión, que compartiu connosco o seu coñecemento sobre a relaxación, como parte importante para manter o equilibrio na nosa saúde de corpo e mente.

Durante a primeira parte da sesión, fíxonos unha presentación teórica mediante a que puidemos aprender como funciona o noso cerebro, máis concretamente o noso sistema nervioso central, e de que forma inflúen as nosas experiencias pasadas para enfrontarnos cunha actitude ou outra ás experiencias ou acontecementos aos que nos imos enfrontando.

Explicounos a diferenza entre o “estrés positivo” que é o que nos mantén activos e alerta cando a situación así o require, e o “estrés mantido” que é realmente prexudicial para a saúde, e dificúltanos en aspectos tan importantes como o soño, a concentración, as relacións sociais…

Por iso deunos algúns recursos ou consellos para manter conseguir levar unha vida o máis acougada posible, e ser capaces de autorregularnos e levar unha vida plena e feliz. Algúns deles eran os seguintes: ter unha boa hixiene do soño, ter hobbies que nos guste realizar, practicar algún deporte, ter contacto coa natureza, ter vínculos sociais que nos fagan sentir ben…

Tras a exposición, Angus deu paso á práctica. O alumnado deitouse nas esterillas que previamente trouxeron, baixamos a luz e comezou a dar instrucións cun ton de voz suave e acougado.

A práctica basábase en controlar a respiración, levando esta ao abdome. Mantendo en todo momento a intención de encher o abdome e facer una boa respiración co diafragma. E desta forma, aos poucos, fomos entrando noutro estado de conciencia. Foi unha experiencia realmente gratificante! E o mellor de todo, e que con estas instruccións que Angus nos deu, todos e todas podemos polo en práctica nas nosas casas.

Moitas grazas Angus!!

 

Share this Post