COMPARTINDO A SÚA EXPERIENCIA NA EMPRESA

/ Marzo 14, 2022/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería expón os seus traballos de investigación realizados a partir da súa estancia en diversos centros relacionados co medio sanitario da nosa comarca

Durante a segunda semana de marzo, coincidindo co regreso da súa estancia nas empresas, o noso alumnado do CM Coidados Auxiliares de Enfermería compartiu co seu profesorado e co resto de compañeiros e compañeiras de clase as súas vivencias a través do proxecto de investigación que deseñaron na clase e finalmente desenvolveron en diversos centros relacionados coa sanidade: clínicas podolóxicas, clínicas de fisioterapia, centros médicos psicotécnicos, centros médicos e centros de diálisis, entre outros.

Este proxecto abrangueu os contidos teóricos e prácticos dos módulos, as sesións formativas que aínda se están a impartir, a formación en protocolo empresarial e social, así como a propia estancia e o traballo de investigación asociado a ela. Proximamente, todo este traballo culminará nunha sesión final na que se acadarán conclusións comúns a partir de todas as experiencias individuais

Share this Post