Valrhona: Chocolate desde a orixe

/ Novembro 3, 2023/ Noticias

Hoxe contamos no noso obradoiro cunha cata organoléptica de chocolate ofrecido pola empresa Valrhona, da man de Daniel Hughes e Araceli De La Hoz.

Comezamos cun percorrido pola historia da empresa fundada a comezos do século pasado por apaixoados visionarios dos seus negocios, solventes e con personalidade. Asentaron uns principios fortemente arraigados sobre os que se sostén o traballo diario das súas fábricas: a meticulosa supervisión das materias primas desde a orixe (que se importan das mellores plantacións de cacao de países como Venezuela, Brasil, Ecuador, Ghana , etc), así como o ansia por innovar, o afán de superación e a responsabilidade de manter uns niveis de calidade onde a excelencia, a sustentabilidade e a responsabiliidade social coorporativa, son piares e a súa esencia.

Unha vez máis desde a escola apostando por formar aos nosos alumnos sobre materias primas con criterio e determinación para fixar o seu coñecemento e medre a súa inquietude e curiosidade por seguir formándose.

GRAZAS A Daniel, Araceli e Valrhona por apostar pola formación!

Share this Post