O NOSO ALUMNADO DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA E XESTIÓN ADMINISTRATIVA VISITA EVD

/ Novembro 3, 2023/ Noticias

O noso alumando tivo a oportunidade de visitar este centro socionsanitario ubicado en Mos onde se ofrece un apoio integral a mulleres con discapacidade intelectual. 

O pasado mércores 18/10/2023 acudimos ás instalacións de EVD en Mos co obxectivo de coñecer in situ as tarefas propias que se realizan nun centro deste tipo en relación ás titulacións de ambos ciclos formativos de grao medio. Deste xeito, o alumnado do C.F.G.M. CAE tivo a oportunidade de visitar a enfermería, o comedor, os obradoiros e outras estancias, mentres que o alumnado do C.F.G.M. Xestión Administrativa realizou un percorrido polas áreas onde se realizan traballos administrativos. Antes de recibir unha interesante charla sobre o voluntariado relacionado co centro, desfrutamos dun estupendo aperitivo.

Desde EFA A Cancela desexamos agradecer á organización de EVD a súa colaboración

Share this Post