“Traballando as entrevistas coas familias”

/ Maio 19, 2021/ Noticias

No Módulo Formativo Didáctica da Educación Infantil, o alumnado puido poñer en práctica, a través da técnica de grupos denominada  role- playing, as entrevistas que prepararon simulando ser educadores e educadoras  infantís, e pais e nais, nunha primeira entrevista inicial, cun neno que tiña dificultades de adaptación.

Para iso tiveron que preparar antes un plan de entrevista, sabendo o propósito da mesma, e un guión para a planificación e condución da conversación. Ao finalizar a práctica, puxéronse en común todas e cada unha das entrevistas, analizándoas e extraendo conclusións sobre a maneira de conducilas, a súa mellora, o  rapport, e sobre como se sentiron nelas, entre outras cuestións. Esperamos que esta práctica sirva para o seu próximo futuro profesional.

Share this Post