Roteiro “O Monte na Escola”

/ Maio 19, 2021/ Noticias

O pasado mércores, da man de Alejandra González, Enxeñeira Técnica Agrícola, e directora do proxecto “O Monte na Escola”, coordinado polo Concello das Neves, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil participou no roteiro para o coñecemento das plantas mediciñais e comestibles da zona. Alejandra foi explicando, de camiño ao Hotel Nande, as características e propiedades das plantas para poder darlle un uso diferente ao habitual, e, por que non, engadilas á nosa dieta. Unha vez no Hotel, ensinounos e explicou a composición da horta e do xardín, para poder implementalo o próximo curso no noso centro. Como actividade complementaria, recolléronse diversos residuos que o alumnado ía atopando polo camiño, que non foron poucos, ao mesmo tempo que se concienciaban da importancia de respectar o noso medio e coidalo, devolvéndolle o que el nos dá.

¡Moitas grazas Alejandra!

Share this Post