VISITA A ALLARIZ DO ALUMNADO DO CFGS DE EDUCACIÓN INFANTIL
O pasado martes, o alumnado de primeiro curso do CFGS de Educación Infantil, achegouse a vila de Allariz, e tivo a oportunidade de visitar tres museos de grande valor cultural e educativo:
🧵O Museo do Coiro, onde o alumnado coñeceu de preto os procesos tradicionais de curtido, e observou pezas históricas que amosan a evolución deste oficio ancestral.
👖O Museo da Moda, no que a través dunha coidada exposición de traxes, complementos e tecidos, puidemos reflexionar sobre a influencia social e cultural da moda nas diferentes épocas. 👗
E, finalmente, o Museo do Xoguete, un espazo cheo de lembranzas e emocións, que expón xoguetes antigos e contemporáneos, permitindo ao alumnado explorar a historia do xogo como ferramenta educativa. A visita permitiu establecer pontes entre teoría e práctica, 💡 favorecendo unha mirada pedagóxica sobre o xogo como ferramenta esencial na Educación Infantil. O contacto directo con estes obxectos facilitou a comprensión do valor simbólico do xoguete e da súa evolución segundo os contextos sociais e culturais. 🪁
Unha visita moi enriquecedora.