SESIÓN PRÁCTICA XESTIÓN DA CALIDADE (ISO 9001:2008)

/ Xuño 4, 2015/ Noticias

Pablo Piñeiro auditor de calidade da multinacional Gestamp impartiu esta sesión práctica para os alumnos da área de Administración o pasado venres 29 de maio.

xestión da calidade 009 xestión da calidade 005

O concepto de Calidade Total-Excelencia é un enfoque moi actual que busca xerar  satisfacción á clientela e involucra a todo o persoal supoñendo a mellora continua.

O poñente destacou sobre todo as implicacións prácticas que supón o desenvolvemento dun Sistema de Xestión de Calidade na empresa: confección do manual de calidade, os rexistros, as instrucións de traballo… Finalmente as auditorías e certificacións e os seus beneficios.

Trátase dun tema que cada vez cobra máis importancia nas empresas e que o alumnado debe coñecer para aplicalo como futuros traballadores das mesmas.

Share this Post