SESIÓN FORMATIVA SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE

/ Febreiro 16, 2022/ Noticias

Este pasado luns, o alumnado do 2 ° curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, asistiu a unha sesión formativa a cargo de Ricardo Corderí Salgado, Xefe do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

Ricardo amosounos os diferentes campus da Universidade de Vigo en Ourense (Campus da auga), Pontevedra (Campus CREA) e Vigo ( Campus Vigo Tecnolóxico), así como os diferentes estudos que se poden cursar neles.

Tamén nos explicou os pasos a seguir de preinscripción e matrícula na Universidade a través do Nerta, que é unha aplicación informática para a xestión do acceso ao sistema universitario de Galicia. De esta maneira, poden consultar os seus datos e cubrir eles mesmos as instancias oportunas. Tamén observamos as diferentes táboas de ponderacións dos  estudos que pode cursar o alumnado, especialmente o Grao en Educación Infantil.

Moitas grazas Ricardo!

Share this Post