EFA A Cancela participa, cos seus cinco ciclos, na feira de ensinanzas artísticas e profesionais de Ponteareas

/ Febreiro 16, 2022/ Noticias

Ante unha gran afluencia de público, o noso alumnado explica os segredos do noso método de ensinanza e a transmite a identidade de cada ciclo ao alumnado da ESO e o Bacharelato de moitos outros centros de estudos.
Despois da cancelación da edición anterior por mor da situación COVID, este curso regresa a Ponteareas a Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais na súa IV Edición, celebrándose no Pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino.
Con dous stands e unha área de reunión, 10 alumnos e alumnas e algúns profesores e profesoras dos nosos cinco ciclos atenderon a todos aqueles interesados na formación que ofertamos en A Cancela, transmitindo os beneficios do noso sistema pedagóxico e informando sobre a identidade de cada ciclo, a súa estrutura e as súas saídas profesionais. Ademáis, realizáronse simulacións prácticas in situ e proxectouse un vídeo representativo do noso Centro.
Cabe destacar, ademáis, que todos aqueles que nos visitaron puideron aproveitar a información sanitaria elaborada polo noso alumnado do CM Coidados Auxiliares de enfermería sobre avulsión e hixiene dental e tamén puideron levar, de balde, un bote cunha deliciosa marmelada caseira preparada polo noso alumnado do CM Panadería. En cada un deses botes, aparece un código QR que leva a unha páxina con consellos ecolóxicos do noso alumnado do CM Coidados Auxiliares de Enfermería así como a información detallada do noso centro.
Tras estes dous días de feira, é sinxelo entender a necesidade da continuidade no tempo deste evento: ademáis de informar e orientar ao alumnado sobre o seu futuro, é un estupendo foro de intercambio de experiencias entre docentes de diferentes centros, cun ambiente moi positivo e ameno

Share this Post