Sesión formativa coa Escola de Música Bambera

/ Novembro 15, 2021/ Noticias

A semana pasada, o alumnado do segundo curso do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiu unha sesión online da man de María Jesús Martínez Porto, Músico, Educadora Infantil e directora de Bambera “Música y aprendizajes activas”.

A través desta sesión formativa, o alumnado puido coñecer o método propio co que traballan, MAGO DIAPASÓN, que é o personaxe principal do conto “Viajando al país de la Música”. Este método fai que os cativos desenvolvan o oído e a madurez intelectual.

As especialidades que alí se traballan son: piano Suzuki, violín Suzuki, guitarra e piano tradicional.

Aquí vos deixamos a ligazón por si quederes obter máis información:

https://www.bambera.es

Moitas grazas María por esta colaboración

Share this Post