SESIÓN FORMATIVA IMPARTIDA POR MIGUEL GARRIDO

/ Febreiro 14, 2023/ Noticias

O venres pasado, o curso de 2º do CFGS de Educación Infantil, contou coa visita de Miguel Garrido, fundador da Escola da Natureza A Gorriona. Miguel contoulles ao alumnado a historia que o motivou a crear esta escola, a metodoloxía que emprega, a realidade á que se enfrontarán nos seus postos de traballo, así como moitas anécdotas que axudaron ao alumnado a coñecer máis de preto a súa profesión. Unha sesión moi enriquecedora, na que sen dúbida, quedamos con ganas de máis. Grazas Miguel!

Share this Post