I Xornada do Viaxe a Lisboa

/ Febreiro 15, 2023/ Noticias

Hoxe os alumnos dos Ciclos de Administración e o CFGM de Panadería, Repostería e Confitería visitaron o Centro Galego de Lisboa. Fundada no 10 ano 1908, é unha asociación de persoas interesadas en difundir e dar a coñecer a cultura e as tradicións galegas en todas as súas manifestacións.

A súa vocación é a de fomentar, entre os seus asociados, actividades culturais, recreativas e sociais, creando entre eles vencellos de amizade e compañeirismo.

A continuación os alumnos dos Ciclos de Administración foron recibidos en Euronext Lisboa a principal Bolsa de valores de Portugal, pertencente ao grupo Euronext.

Pola tarde visitamos Belem.

A rama de Panadería visitou as propostas de gastronomía Portuguesa, visitando Eneko Atxa, recoñecido con 5 estrelas Michelin (tres en Azurmendi, unha en Eneko Larrabetzu e outra en Eneko Bilbao); o cociñeiro  de estreou no 2019 proxecto gastronómico en Lisboa.

O novo restaurante da capital portuguesa chámase ‘Eneko Lisboa’ e ocupa o espazo do antigo Alcântara Café, preto do río Texo. Agradecer ao Chef Luca mano dereita de Eneko en Lisboa que nos presentou este restaurante tan espectacular.

Pasteis de Belén:

Icona da pastelería portuguesa, foi visita obrigada para os nosos alumnos de Pastelería que seguiron con gran atención o proceso de elaboración e historia desta especialidade que forma parte da cultura e patrimonio de Belén

Share this Post