A ESCOLIÑA DAS NEVES

/ Febreiro 14, 2023/ Noticias

Fainos especial ilusión compartir este proxecto que lanzamos dende a EFA A Cancela da man dos Servizos Sociais de As Neves. Os alumnos e alumnas do CFGS de Educación Infantil, están comprometidos co proxecto ” A Escoliña” onde ofrecen, de forma gratuíta e voluntaria, apoio educativo a mozas e mozas que o necesiten. Todas as semanas durante este curso estará en marcha esta iniciativa que fomenta que os nosos voluntarios e voluntarias vivan valores importantes para a súa formación, como a loita pola igualdade de oportunidades e a xenerosidade

Share this Post