Bulanxeri unha das grandes “mecas do pan Galego”

/ Novembro 16, 2021/ Noticias

O grupo de Panadería estivo hoxe en Santiago, a primeira parada foi na Panadería  Bulanxeri na Alberto Neira fíxonos un percorrido polo corazón da  Bulanxeri, falounos dos inicios da empresa, dos valores máis importantes da empresa:

-Calidade de produto.( Importancia da selección das mellores materias primas).

-A aposta polo  concepto máis purista da artesanía.( Saber vender un produto sen competencia co industrial)

-A importancia do traballo en equipo fomentando a mellora continua en canto a: calidade de vida de de os seus traballadores ( rotación de postos, formación continua, aposta por innovación, etc.)

En definitiva, un exemplo de panadería que sabe cara a onde vai a tendencia do sector e que cre que a panadería artesá ten futuro..

Agradecer a todo o equipo de  Bulanxeri a súa atención e unha chiscadela especial a nosas  exalumnas Iria e  Judit que hoxe foron reflexo para moitos alumnos que hoxe as viron traballar en directo.

Share this Post