RECIBIMOS O GALARDÓN DA CATEGORÍA FP E BACHARELATO NO CERTAME XORNALISTAS NATURAIS: CADERNO DE CAMPO

/ Xuño 10, 2023/ Noticias

A primeira edición deste certame, creado no seo do Programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia, celebrou a súa culminación cun estupendo acto de entrega de premios.

O noso proxecto para Xornalistas Naturais: Caderno de Campo foi dirixido pola profesora bióloga Mª Paz Méndez Alfaro e centrouse no estudo da fermosa Viola riviniana, unha especie cuxa flor destaca entre os vexetais silvestres que crecen na contorna de EFA A Cancela pero que pode pasar desapercibida para os ollos pouco adestrados.

A creatividade da proposta (que destacou tamén no aspecto artístico), o esforzo realizado ao longo do curso e a aplicación do método científico tivo a súa recompensa na forma dun galardón que nos foi entregado o venres 9 de xuño no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, nas instalación de La Voz de Galicia, en Arteixo.

Desde EFA A Cancela, agradecemos ao Programa Prensa-Escola e a La Voz de Galicia o seu esforzo e traballo para crear certames coma éste, que serven como vehículo para o ensino e a posta en valor do noso medio natural, enaltecendo o traballo en equipo e axudando aos nosos docentes a acadar o premio máis importante de todos: a aprendizaxe, o crecemento persoal e a satisfacción do noso alumnado

 

 

Share this Post