LORENA LEDO E GABRIELA CAMBRA IMPARTEN UNHA SESIÓN FORMATIVA SOBRE A IMPORTANTE LABOR E O TRABALLO DIARIO DOS TCAE NAS CLÍNICAS ODONTOLÓXICAS

/ Xuño 20, 2023/ Noticias

Estas auxiliares de enfermería tituladas, alumnas da pasada promoción no noso C.F.G.M. CAE traballan en dúas clínicas odontolóxicas, unha en Ponteareas e a outra en Salceda. 

Tal e como comentamos nunha noticia que publicamos durante o primeiro trimestre, unha sesión formativa sempre é unha ocasión especial polo coñecemento e experiencia que traen os relatores que nos agasallan co seu tempo pero resulta especialmente salientable cando son os antigos alumnos e as antigas alumnas quen retornan ás nosas aulas para contribuir á formación do noso novo alumnado, predicando co exemplo do seu bo traballo.

Esta sesión permitiu redondear a experiencia do noso alumnado actual despois da súa estancia en diversas clínicas odontolóxicas localizadas en Ponteareas, As Neves, Salvaterra, Salceda de Caselas, Vigo, Mos, Tui, O Rosal e Baiona.

Tras unha preparación previa co alumnado, obtivemos unha serie de dúbidas a solucionar relacionadas con cuestións moi específicas do traballo diario dos TCAEs que quedaron por resolver aínda despois das estancias e das conclusións comúns ás que chegamos.

A maiores dos múltiples detalles comentados, quedámonos cos seguintes aspectos que o alumnado destacou como conclusións relevantes na sesión: a importancia dun trato de calidade ao paciente, de saber adaptarse ao estilo e filosofía de cada odontólogo/-a, a necesidade de dominar o instrumental para cada técnica e tratamento e, por último, a enorme relevancia da función do TCAE para o correcto funcionamento do equipo na clínica dental, sempre ao servizo dos pacientes e da súa saúde.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a Lorena Ledo e a Gabriela Cambra o seu traballo, a súa amabilidade e a súa calidade humana. Tamén aproveitamos a oportunidade para agradecer a colaboración das dúas clínicas odontolóxicas ás que representaron, tanto na realización das estancias do curso pasado como das estancias deste terceiro trimestre e das FCTs do curso actual

Share this Post