O CANCRO E OS SERVIZOS DA AECC

/ Maio 31, 2023/ Noticias

Ana Díaz, psicóloga da AECC impartiu unha sesión formativa ao alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería.

Ana Díaz, psicóloga e coordinadora de voluntariado da AECC en Vigo, informounos sobre a evolución e a prevalencia do cancro en España, salientando os últimos avances neste eido.

Continuando coa sesión, falounos sobre os servizos que ofrece, de balde, a AECC, destacando o

préstamo de órteses, perrucas e camas articuladas, o servizo de psicoloxía, traballo social e tamén o voluntariado.

Tamén contamos coa presenza de Rocío, voluntaria da AECC que nos contou de primeira man cal é a súa labor e cales son os posibles voluntariados que existen na sede de Vigo.

Desde EFA A Cancela agradecemos a Ana e Rocío o seu traballo e a súa colaboración

Share this Post