O alumnado da rama de administración da EFA A Cancela estuda as propiedades medicinais e gastronómicas das plantas das Neves e elaboran un blog temático

/ Maio 7, 2021/ Uncategorized

O alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participaron no Proxecto guiado por Alejandra González, enxeñeira agrícola e representante  do programa “O Monte Nace Na Escola”  do Concello das Neves.

A través deste interesante proxecto puidemos lembrar por medio de diferentes actividades, a importancia da natureza que nos proporciona, entre outras moitas riquezas, multitude de plantas con propiedades gastronómicas e medicinais.

Ademais levamos a cabo o obxectivo de concienciala xuventude do valor do noso patrimonio natural, estudando especies autóctonas.

As actividades levadas a cabo foron:

Mércores 7 (CM Xestión Administrativa) e 16 abril (CS Administración e Finanzas). Sesión de Introdución na que Alejandra González explicounos o desenvolvemento do Proxecto.

Xoves 29 abril. Roteiro. Desde a EFA A Cancela hasta o Hotel da Natureza Nande e visitando a Adega do Hotel en As Neves, fixemos un roteiro onde os alumnos tiñan que ir identificando as diferentes plantas ao mesmo tempo que Alejandra explicaba as propiedades gastronómicas e medicinais de cada unha. Nesta actividade os alumnos do CM de xestión Administrativa anotaban as propiedades gastronómicas o os alumnos do CS as medicinais.

Antonio Méndez, propietario deste magnífico Hotel, permitiunos coñecer as instalacións deste magnífico proxecto, unha aposta próxima de proxecto rural sostible en plena natureza.

Visitamos a horta ecolóxica do hotel, elaborada por Alejandra González.

Ana explicounos o día o día da Adega Señorío de Rubiós, o número de empregados,

Venres 30 abril. Recopilación de datos obtidos no roteiro elaborando unha fichas dixitais e retocando fotografías e vídeos obtidos no roteiro.

Luns 10 de maio. Elaboración dun Blog coa información recollida (fotos e vídeos das plantas e as súas propiedades).

Pablo Ares, informático da empresa N8 Comunicación impartiranos un curso aos alumnos de Administración onde aprenderán o manexo de WordPress, plataforma básica para a creación de páxinas web ao mesmo tempo que elaborarán un Blog con todo o contido recollido en relación ás plantas a ás súas propiedades usando de base as explicacións de Alejandra, Internet e o libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza“. De César Lema.

 

 

Share this Post