PORCENTAXES INCRÍBLES. O ALUMNADO DE EFA A CANCELA PASA A ESTAR MELLOR PREPARADO PARA SALVAR VIDAS
O noso alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermería e Educación Infantil pasa a formar parte do 6% da poboación galega que sabe practicar a RCP e do 4% que é capaz de usar un desfibrilador.
O pasado vernes 29 de novembro celebramos no centro un obradoiro teórico-práctico de primeiros auxilios, enfocado ao SVB (Soporte Vital Básico) e OVACE (Obstrucción das Vías Aéreas por Corpos Estraños), tanto en adultos coma en nenos.
Beneficiouse deste obradoiro o alumnado do C.F.G.S. Educación Infantil e ao C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería, practicando a realización da RCP (Reanimación Cardiopulmonar) e o manexo dun desfibrilador automático DEA. Deste xeito, o alumnado foi testigo das dificultadas coas que se poderían atopar ante unha situación de parada cardiorrespiratoria, tomando así conciencia sobre a importancia dunha rápida actuación para salvar vidas.