GALA DE CINE MÉDICO SOBRE ENFERMIDADES RARAS
EFA A CANCELA, BUSCA CONCIENCIAR SOBRE AS ENFERMIDADES RARAS
O pasado luns 16 de decembro, celebrouse no auditorio José Gil a “ Gala de Cine Médico sobre enfermidades raras”. Tivemos a ocasión de contar co Doutor Jorge Cameselle Teijeiro, Doutor en Medicina e ciruxia e investigador sobre EERR (Enfermidades Raras), que a través do cine médico busca dar a coñecer as EERR.
En primeiro lugar proxectouse a Síndrome de Treacher Collins, É unha afección xenética que produce problemas coa estrutura da cara. Os cambios nun de tres xenes, TCOF1, POLR1C ou POLR1D, poden levar a que se presente a síndrome de Treacher Collins. A afección pódese transmitir de pais a fillos (hereditaria). Con todo, a maioría das veces, non hai outro membro da familia afectado.
A continuación puidemos aprender sobre a Síndrome de Joubert e trastornos relacionados. Ao finalizar a proxección, Alicia nai dunha nena con síndrome de Joubert e que tamén participa na película, falounos sobre a súa experiencia persoal e puido responder a todas as preguntas que os nosos alumnos prepararan na sesión previa.
Tras un merecido descanso para repoñer forzas, os alumnos puideron visualizar as películas sobre: Enfermidade de Niemamm-Pick, Enfermidade de Charcot-Marie-Tooth e a Síndrome de Prader Willi. Ao finalizar a mañá contamos coa presenza de Julia, nai dun neno con Prader Willi, que decidiu contar a súa historia persoal para dar a coñecer esta enfermidade e como esta dura enfermidade cambiou por completo a vida do seu fillo.
Durante a tarde falamos sobre a Retinopatía do Prematuro e como foi a evolución durante os últimos anos, cos avances centrados na prevención de calquera neno prematuro, que fixo posible diminuír exponencialmente a retinopatía e as súas secuelas. Posteriormente, a película sobre a Enfermidade de Huntington, mostrounos a dureza da enfermidade e como esta con gran afectación familiar, é posible previr mediante un asesoramento xenético aos portadores desta patoloxía. Para finalizar Carmen Otero, presidenta de Huntington Galicia contounos a misión da asociación e como afecta esta enfermidade aos pacientes.
Desde aquí queremos agradecer a todos os participantes, polo seu tempo e xenerosidade, grazas á cal, os alumnos do C.F, GM Coidados Auxiliares en Enfermería e o C.F. GS en Educación Infantil, adquiriron novos coñecementos que lle axudarán no desenvolvemento da súa futura profesión.