PAUTAS PARA SER UN EXCELENTE PROFESIONAL. SESIÓN FORMATIVA A CARGO DE ELENA ARESES CORDO

/ Abril 26, 2022/ Noticias

Esta semana tivemos unha sesión formativa a cargo de Elena Areses, actual directora de Kid’s Garden Vigo.

Coa súa visita, queriamos transmitirlle ao alumnado a importancia de ser un bo profesional desde o punto de vista dun cargo directivo, con experiencia no sector da educación de máis de vinte anos. Elena explicounos a importancia de transmitir emoción e entusiasmo nunha entrevista de traballo, así como no día a día na aula, xa que a base para ser un bo educador radica na vocación cara a profesión.

Quixo compartir connosco aspectos que ela considera vitais para ser mellores profesionais e persoas. Estes aspectos son, por exemplo, a formación continua, a integración de valores como a honestidade, a educación, a puntualidade, a orde, etcétera.

Lembrou a importancia de coidar a imaxe persoal e o uniforme, así como ter a capacidade para adaptarse aos imprevistos que poidan xurdir cada día, modificando, cando sexa necesaria, a programación.

En palabras de Elena, os nenos e as nenas son “radares de saber”, é dicir, son os primeiros en examinar aos educadores, e con iso, tamén os primeiros en mostrar afecto e admiración ante un gran profesional.

Moitísimas grazas Elena pola túa visita!

Share this Post