A Asociación Española contra o cancro en EFA A CANCELA

/ Abril 22, 2022/ Noticias

O alumnado do CM Coidados Auxiliares de Enfermería descobre os servizos que ofrece a AECC.

O alumnado do CM Coidados Auxiliares de Enfermería gozou dunha sesión sobre o funcionamento e os servizos que presta a Asociación Española Contra o Cancro na nosa contorna aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias.

A sesión estivo impartida por Ana Díaz, psicóloga e coordinadora de Voluntariado na sede local que a AECC ten en Vigo.

Share this Post