Forno de Mosende e Amaquía e APROINPA e Vialia

/ Abril 28, 2022/ Noticias

VISITAS DIDÁCTICAS ás Panaderías Argibay, Forno de Mosende e Amaquía dos alumnos de Certificado de Profesionalidade “Panadería e Bolería” (subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade).
As visitas ás empresas para observar e experimentar o aprendido na clase é un dos eixos educativos nas EFAs.

29 de marzo= Panaderías en Porriño: Argibay (produción ecolóxica), Forno de Mosende e Amaquía.
Nestas 3 panaderías os alumnos puideron observar todo o relacionado coa elaboración tanto dos diferentes tipos de pan como da bolería, así como os ingredientes para utilizar nos procesos de fermentado e a importancia de utilizar masa nai para obter un bo produto final.
Puideron comprobar in situ a traxectoria e a importancia do Pan de Porriño e o labor da Asociación en prol da defensa deste afamado pan.
26 de abril= Visita didáctica á Panadería do Alcampo de Vialia onde parte da elaboración é do cara ao público dos diferentes pans, facendo unha aposta polo pan galego e pola innovación.
Rubén, exalumno da EFA A Cancela e actual traballador desta panadería fíxonos diferentes exposicións acompañado de  Nanda, xefa de departamento.
Observaron en directo o empaquetado e o punto de venda, a presentación e a organización dun bo escaparate dependendo de varios factores como o día da semana.
Na visita a SUPAN, Fernando explicoulles os diferentes procesos de elaboración e presentación do produto, a organización no punto de venda e o escaparate no mesmo local.
Na visita á Asociación APROINPA explicaron o funcionamento  desta Asociación.
Enviamos o noso agradecemento a todas elas.

Share this Post