OS HEROES AUTÉNTICOS DE DISCAMINO EN EFA A CANCELA

/ Decembro 20, 2024/ Noticias

O noso alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermería e Educación Infantil desfrutou cunha sesión formativa que outorga unha nova perspectiva á capacidade de superación do ser humano. 

O pasado martes 17 de decembro celebramos en EFA A Cancela unha sesión moi especial coa estupenda xente de discamino, unha plataforma (ou como de todo corazón di un dos seus fundadores, Javier Pitillas, “unha familia”) cunha labor impresionante: axudar á preparación física e mental para, a través do compañeirismo e a ilusión, lograr que persoas con diversos tipos de discapacidade poidan cumprir o seu soño de realizar o Camiño de Santiago. Esta viaxe é moito máis que unha ruta de peregrinaxe: é unha forma de vida e unha celebración desta.

Co apoio de Javier, os protagonistas desta sesión faláronnos deles mesmos, das súas discapacidades e dos vehículos adaptados que utilizan: triciclos tándem e sillas de montaña. Estes protagonistas son Gerardo(tamén fundador), PaulaPablo e Ana, auténticos heroes que lograron emocionarnos co seu afán de superación, a súa forza e a súa ilusión.

Este proxecto é posible grazas á labor destes e outros protagonistas, dos máis de 100 voluntarios que agasallan o seu tempo e esforzo en diversas tarefas e de máis de 30 empresas e entidades colaboradoras.

A historia de discamino é, tal como afirman os seus dous fundadores, “exercicio para o corpo e alimento para a alma”.

En EFA A Cancela estamos moi agradecidos polo tempo que esta familia nos adicou e queremos compartir a súa incrible labor. Así, animámosvos a que aprendades máis sobre discamino a través das ligazóns que aquí vos facilitamos e a que colaboredes neste proxecto:

PÁXINA WEB: https://discamino.org

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/discaminovigo/

FACEBOOK: https://www.facebook.com/p/DisCamino-100064929090411/

Share this Post