FESTA DE FAMILIAS
A importancia de vivir o Nadal como se merece, tentando facer mellores aos que nos rodean e ofrecerlles a nosa mellor versión.
Estas foron algunhas das ideas destacadas pola nosa directora Lara Fernández dirixidas a numerosos familiares que se achegaron a pasar a tarde connosco, a celebrar un fin de trimestre fabuloso e o comezo do Nadal, despois de asistir á Santa Misa oficiada polo noso capellán.
A continuación todos gozamos dun chocolate e rosca e sorteamos unha Cesta de Nadal entre alumnos e familiares.
Por outra parte durante o día de hoxe recibimos de novo a Nenocha Otero, antiga directora de EFA e subdirectora do Centro de Estudos Superiores Aloya que nos dedicou unha sesión sobre o Nadal a todos os asistentes.