Onte, os nosos alumnos de 2° de Panadería, Repostería e Confitería visitaron Chocomiño do Grupo de Empresas DO NOSO

/ Novembro 30, 2021/ Noticias

Empresas ” DO NOSO”, empresa que recolle a tradición chocolateira Galega, xa que, tras o peche de Chocolates A Perfección, Chocolates Anthony e Chocolates o Maragato en Vigo, adquire a súa maquinaria e incorpora ás súas filas ao seu mestre chocolateiro transmitindo a tradición chocolateira galega.

Os alumnos puideron presenciar as diferentes producións elaboradas con produtos de alta calidade e tradición. Agradecemos enormemente a colaboración de” Grupo Do Noso “e a Román quen nos guiou durante toda a visita.

Os alumnos descubriron e cataron os múltiples produtos que ofrecen ao mercado, como chocolatinas, bombóns, chocolates para merendas, turróns e chocolates á cunca.

Ademáis, visitamos o tostadeiro de café do “GRUPO DO NOSO” , no que contamos coa colaboración de Sebastián González 2° clasificado no Campionato Internacional de baristas no ano 2020 e mestre tostador que nos transmitiu múltiples coñecementos do proceso de tostado e a importancia da elaboración dun bo café.

Desde o centro queremos agradecer a colaboración do “GRUPO DO NOSO” e a vosa dedicación.

Share this Post