O noso alumnado de enfermería descobre as propiedades medicinais das plantas de As Neves

/ Abril 27, 2021/ Noticias

O noso alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares en Enfermería participou nun  roteiro de recolección de plantas con propiedades medicinais guiado por Alejandra, representante do programa “O Monte Nace  Na  Escola”  do  Concello de As Neves. Tratouse dun evento moi didáctico, no seo dunha serie de actividades que o profesorado deste ciclo ideou e programou, executándose estas tanto antes como despois do roteiro. O obxectivo: adquirir novos coñecementos científicos á vez que se fomenta un dos labores básicos do TCAE: a promoción da saúde.

Así, semanas antes, o noso alumnado xa realizara un labor de investigación exhaustivo sobre plantas da nosa zona con propiedades medicinais así como unha interesante recolección centrada nas receitas dos remedios caseiros tradicionais, centrándose na súa base científica. A información foi colleitada e arquivada en formularios dixitais.

Tras o  roteiro, elaboramos un  herbario coas plantas medicinais de As Neves. Para iso, construímos unhas prensas e procedemos á identificación dos exemplares; neste último paso contamos coa axuda do libro “Usos de 113 plantas silvestres dos campos  norteños”, o recordo das explicacións de Alejandra do día en que se celebrou o roteiro, o coñecemento de dous biólogos da nosa EFA e o dalgunhas das nosas alumnas.

 

Share this Post