Visita a foresta do Ciclo Superior de Educación Infantil

/ Abril 27, 2021/ Noticias

O pasado luns, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil visitou o espazo de aprendizaxe activa na natureza  Foresta, situado en Gondomar. Da man de Noa, Olga e Paula, puidemos coñecer o proxecto que se leva a cabo nunha contorna natural, onde os cativos son os auténticos protagonistas da aprendizaxe.

Así, en  Foresta, a través dun proxecto propio que se nutre de diversas metodoloxías como son  Montessori,  Reggio Emilia ou  Waldorf, teñen como obxectivo facer dos nenos e nenas seres únicos, autónomos, capaces e respectuosos, escoitándoos sen xulgar, axudándoos a expresar as súas emocións. Manteñen un forte vínculo coas familias, e fan deste espazo unha extensión dos seus propios fogares, onde os máis pequenos crecen e se desenvolven ao seu propio ritmo, sen présas, coa calma e serenidade que nos brinda a propia natureza.

¡Moitísimas grazas por acollernos!

Deixámosvos o enlace ao Facebook e á páxina web:

https://www.facebook.com/espacioforesta/

http://espacioforesta.com/

Share this Post