O NOSO ALUMNADO DE ENFERMERÍA AMPLÍA OS SEUS COÑECEMENTOS SOBRE O ALZHEIMER E SOBRE AS DEMENCIAS EN XERAL AO TEMPO QUE DESCOBRE A LABOR DE AFAGA

/ Novembro 2, 2023/ Noticias

Con esta estupenda sesión formativa realizada por Roser Ibáñez Cortina, EFA A Cancela continúa a súa participación no Programa DIVULGAMENTE. 

Tras desfrutar dunha imprescindible presentación divulgativa por parte do Doutor Carlos Spuch hai case un mes, continuamos a nosa participación no Programa de sensibilización DIVULGAMENTE cunha sesión formativa impartida con gran profesionalidade por Roser Ibáñez Cortina, educadora social de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia).

Durante 75 minutos que pasaron voando desfrutamos dunha interesante presentación que versou sobre os mitos e prexuizos que habitualmente asociamos ao envellecemento e ás demencias, centrándonos no idadismo, os factores de risco e síntomas de alarma, os síntomas cognitivos, conductuais e emocionais e as súas consecuencias a nivel funcional nas persoas que padecen demencia.

Ademáis, Roser puxo o foco sobre a figura do coidador e a comunicación coas persoas que padecen demencia, axudando así a completar a programación do módulo Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico ao Paciente do noso ciclo.

Para finalizar, Roser explicounos en detalle a labor de AFAGA, os seus proxectos, as actividades, accións e cursos formativos que realiza, así como a posibilidade de que o noso alumnado realice tarefas de voluntariado con esta asociación.

Este evento incluiuse na programación horizontal do noso Ciclo de Enfermería como parte do Proxecto Empresa – Aula, celebrándose unha semana antes de iniciar o período de estancia do noso alumnado nas empresas do primeiro trimestre: centros de día e residencias de maiores da nosa contorna.

Desde EFA A Cancela continuamos moi agradecidos coa labor do Proxecto DIVULGAMENTE e nesta ocasión destacamos a labor de Roser Ibáñez Cortina e AFAGA pola súa axuda para garantir a mellor formación dos nosos futuros TCAEs

Share this Post