I Cume do Pan Galego / Xermana

/ Outubro 24, 2023/ Noticias

Este xoves 26 teremos na escola un gran encontro entre panadeiros Galegos e Alemáns.

Trátase dun intercambio profesional enmarcado nun Erasmus+ profesional que a nosa coordinadora de Erasmus+ con Alemaña, Ina Blisse, organiza na escola en colaboración coa Asociación Dinamizadora de Actividades de Gastronomía e Panadería PANCONPAN, e o Concello de As Neves.

Comezaremos o acto coa inauguración e presentación por parte do noso Alcalde Don Jose Manuel Alfonso e a directora do centro Dona Lara Fernández.

A xornada desenvolverase realizando unha exposición práctica dos distintos pans tanto por parte dos mestres alemáns como dos galegos. A idea é compartir experiencias e bo facer no oficio da panadería.

Terminaremos cunha degustación comentada dos distintos pans. Está será unha gran oportunidade para os nosos alumnos que terán a sorte de compartir esta vivencia. Seguro que será o comezo dun proxecto innovador e con moito “miolo”!

Share this Post