O Ciclo de Panadería visita dous restaurantes dirixidos por Pepe Vieira galardonado con dúas estrelas na guía Michelin
Os alumnos do ciclo de panadería tiveron a oportunidade de visitar os restaurantes Ultramar e Varela, ambos baixo a dirección do recoñecido chef Pepe Vieira. Esta experiencia permitiulles coñecer de primeira man as saídas profesionais no ámbito da hostalería, especialmente no rol de “pastrychef” dentro dun restaurante. Posto que esta saída trabállase fundamentalmente no módulo de sobremesas.
A visita comezou en Ultramar, unha taberna de estética desenfadada situada en Pontevedra, coñecida pola súa cociña de contrastes que abarca desde bocadillos de luras ata steak tartar. Os alumnos exploraron a dinámica de traballo tan coidada e ben definida.
Posteriormente, trasladáronse a Varela Churrasquería, o segundo restaurante que Pepe Vieira abriu en Pontevedra, coñecido polo seu enfoque na cociña á brasa e o seu ambiente acolledor. Alí, os alumnos coñeceron o funcionamento do restaurante nunha contorna de churrasquería, comprendendo a importancia da versatilidade e adaptación en diferentes tipos de cociña.
Agradecemos profundamente o equipo de Pepe Vieira por brindarnos esta oportunidade única de aprendizaxe, que sen dúbida enriquecerá a formación e motivación dos nosos futuros profesionais da pastelería.