VISITA DE ESTUDOS AO MUPEGA

/ Xaneiro 22, 2024

O alumnado do 2º curso do CFGS de Educación Infantil  visitou o MUPEGA, “Museo Pedagóxico de Galiza”. O museo está conformado por dúas plantas. Na primeira coñeceron o mundo infantil (infancia, xogos e xoguetes), as escolas de americanos, e a aula da Transición. Na segunda planta observaron o cambio da educación a través das…

A MOBILIDADE DENTRO DO SECTOR DA EDUCACIÓN INFANTIL

/ Decembro 21, 2023

Antía Pérez, Educadora Infantil e Mestra de Primaria en Dublín dende fai 6 anos, contoulles ao alumnado de 1º do CFGS de Educación Infantil a súa experiencia de vivir e traballar no sector da Educación Infantil nesta cidade. O alumnado puido resolver deste xeito, dúbidas e inquedanzas con respecto a esta posibilidade de traballo.…

NADAL COS NOSOS MAIORES

/ Decembro 21, 2023

Para rematar as celebracións desta semana, o alumnado do CFGS de Educación Infantil, elaborou postais de Nadal personalizadas para os maiores do Centro de Día de As Neves. Foi moi bonito e gratificante entregarllas en man e cantar con eles panxoliñas. Non podemos esquecer que estas datas son para abrir o noso corazón e…

Doazón na escola

/ Decembro 21, 2023

Os alumnos do CFGM de Coidados Auxiliares en Enfermería, o 1º curso do CFGS de Administración e Finanzas e o 2º curso do CFGS de Educación Infantil asistiron a unha interesante sesión sobre a Doazón de órganos dentro do programa que leva a cabo a Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia ADOS. Dentro do marco…