CASUÍSTICA LABORAL NA CREACIÓN DE EMPRESAS
Este martes,19 de febreiro o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas tivo a oportunidade de asistir a unha sesión formativa, sobre temática laboral, impartida por Ana González, xerente da asesoría AXESPA, dentro dos módulos de Simulación Empresarial e Xestión de RRHH
Durante a sesión, abordáronse temas clave relacionados coa casuística laboral e a cotización dos autónomos, incluíndo aspectos fundamentais como:
- Réxime de cotización dos traballadores autónomos: explicación do sistema de cotas, bases de cotización e opcións dispoñibles segundo os ingresos reais.
- Nóminas dos autónomos societarios: diferenzas cos autónomos individuais, implicacións fiscais e obrigas legais.
- Situacións específicas e casos prácticos: análise de exemplos reais e resolución de dúbidas do alumnado.
A sesión foi de gran valor para os futuros profesionais da xestión administrativa, permitindo unha visión máis clara e práctica do funcionamento da seguridade social e da fiscalidade dos autónomos.
Moitas grazas Ana pola túa dispoñibilidade, cercanía e claridade na exposición.
Grazas por compartir a túa experiencia e axudarnos a comprender mellor un ámbito tan relevante na xestión empresarial.