ATENCIÓN DE QUEIXAS E RECLAMACIÓNS

/ Febreiro 18, 2025/ Uncategorized

📅 Data: Luns, 17 de febreiro de 2025
🕒 Hora: 13:30 horas
📍 Lugar: EFA A Cancela
🎓 Destinatarios: Alumnado do  primeiro curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do segundo curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
👨‍💼 Imparte: Alfonso Rodríguez, técnico en consumo

O pasado luns, o alumnado dos ciclos formativos, primeiro curso de Administración e Finanzas e segundo curso de Xestión Administrativa tivo a oportunidade de asistir a unha interesante sesión sobre queixas e reclamacións no ámbito do consumo, impartida por Alfonso Rodríguez, técnico especialista no sector.

Durante a sesión, abordáronse temas clave como:

🔹 Diferencias entre reclamación e denuncia, destacando que as reclamacións teñen carácter formal e deben recibir resposta por parte da empresa.
🔹 Os dereitos das persoas consumidoras segundo a Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios (RDL 1/2007).
🔹 Procedementos para presentar unha reclamación, incluíndo o uso das follas de reclamacións, o contacto con organismos de consumo e a opción de acudir á arbitraxe de consumo.
🔹 Quen nos protexe en Galicia e fóra de Galicia? Destacando que o Instituto Galego  de Consumo (IGCC) é o ente público e gratuito que ten competencias para a defensa do consumidor

Ao final da sesión, o alumnado puido expor as súas dúbidas e analizar situacións reais co apoio do técnico. Esta actividade resultou de gran interese para os futuros profesionais da administración, proporcionándolles ferramentas útiles para o seu futuro laboral e persoal.

📢 Recordatorio: As empresas teñen un prazo máximo de 30 días para responder ás reclamacións!

Dende EFA A Cancela, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Alfonso, técnico en consumo, por compartir connosco o seu tempo, coñecementos e experiencia na sesión sobre queixas e reclamacións, impartida o pasado luns 17 de febreiro de 2025.

 

Share this Post