INVESTIGANDO DIVERSOS TIPOS DE EMPRESAS DO MEDIO SANITARIO

/ Febreiro 14, 2025/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería viviu novas experiencias na empresa, realizando breves estancias en diversos centros relacionados co medio sanitario da nosa contorna.

Durante a semana do 10 ao 14 de febreiro, o noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería cambiou a aula pola empresa nesta segunda estancia do curso organizada polo departamento do ciclo, contando nesta ocasión coa colaboración dunha multitud de centros moi diferentes relacionados coa sanidade situados en Salvaterra, Ponteareas, Salceda, Mos, Crecente, Arbo, Porriño e Tui: centros médicos, clínicas podolóxicas, clínicas de fisioterapia, psicotécnicos e centros especializados en discapacidade.

Así, executaron o proxecto de investigación que deseñaron na clase e que finalmente desenvolveron durante 5 días en cadansúa empresa, mergullándose na realidade do mundo laboral sanitario e vivindo experiencias únicas que enriquecerán a súa FCT o vindeiro curso.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a imprescindible colaboración de tantos profesionais e expertos responsables das empresas que contribúen á formación do noso alumnado, enriquecendo o seu plan de estudos.

Share this Post