II XORNADA – VII SEMANA GASTROCULTURAL

/ Maio 20, 2022

Abrimos a II Xornada da Semana Gastrocultural con RESTAURACIÓN VEXETARIANA E MÁIS con Don Armindo Areal do Restaurante Cúrcuma, restaurante con máis de 25 anos de experiencia na cociña vexetariana e no mundo da restauración. Con vocación temperá ao emprendemento na área de restauración, déronse conta de que había un nicho de mercado crecente…

Cata das diferentes Denominacións de Orixe protexidas de queixos galegos

/ Maio 19, 2022

Na parte máis práctica da VII Semana  Gastrocultural  puidemos asistir a unha cata dirixida por Óscar Pérez Ramil, secretario- xerente dá DOP Arzúa-Ulloa, e Mari Sei Mosteiro Zapata, secretaria do CRDOP Queixo Teto. Os asistentes puideron degustar as diferentes Denominacións de Orixe protexidas de queixos galegos e realizar unha marabillosa cata  organoléptica así como…

1º día Semana Gastrocultural 2º parte

/ Maio 19, 2022

Despois dunha pausa-café continuamos coa PREVENCIÓN DO CANCRO A TRAVÉS DA ALIMENTACIÓN coa participación de Dona María del Carmen Abeledo Márquez, enfermeira e presidenta provincial da AECC en Pontevedra. Dna. María del Carmen destacou os factores de risco que nos levan a ter máis posibilidades de contraer cancro como son a obesidade, o tabaco,…

Inauguración da VII Semana Gastrocultural

/ Maio 19, 2022

Inauguración da VII Semana  Gastrocultural a cargo de Don Xosé Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves, Dona María del Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela e Dona Lara Fernández, directora da escola de Formación Profesional  EFA A Cancela. O tema elixido este ano é a importancia da nutrición para o noso benestar…