Actividade: A ambulancia e as emerxencias sanitarias

/ Maio 6, 2021/ Noticias

Traballadores de Ambulancias Martínez Robles realizan unha activade práctica co noso alumnado do Ciclo Medio en Coidados Auxiliares de Enfermería.

O labor do auxiliar de enfermería nas emerxencias sanitarias é fundamental. Aínda que a asistencia ao paciente na ambulancia non é labor dos TCAE, é interesante coñecer como se realizan os procedementos de traslado e mobilización de pacientes, así como valorar o servizo imprescindible que estes profesionais sanitarios realizan. Do mesmo xeito que o labor do TCAE en urxencias é importante, tamén o é contar cun bo servizo de ambulancias e transporte sanitario, como o que ofrece Ambulancias Martínez Robles, empresa grazas á cal o noso alumnado do Ciclo Medio en Coidados Auxiliares de Enfermería puido realizar unha práctica de varias horas de duración centrada no traslado e a movilización de pacientes en ambulancia, aumentando así o seu coñecemento sobre o funcionamento das emerxencias sanitarias.

Desde EFA A Cancela trasladamos o noso agradecemento a esta empresa e, en especial a Pablo.

 

Share this Post