Masterclass “Novas texturas na Pastelería de Vangarda”

/ Xaneiro 22, 2024/ Noticias

Os alumnos do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería participaron na Masterclass ofrecida polo noso colaborador Reyvi.

Esta actividade levouse a cabo na aula de formación “Área Doce”  e impartiuna o Mestre Pasteleiro Carlos Fariña.

Esta Masterclass tiña como finalidade descubrir o gran protagonismo que teñen os texturizantes ( xelificantes, espesantes…) que dan a oportunidade de crear novas técnicas e grandes avances tecnolóxicos.

E é que, o futuro da pastelería pasa por reducir azucres, mellorar nutricionalmente e conseguir a capacidade de xerar todo tipo de sensacións que buscan sorprender ao consumidor.

Destacou este curso polo enfoque práctico, técnico e sinxelo co que o Mestre Carlos Fariña traballou cos nosos alumnos.

Agradecer unha vez máis a cordialidade e agarimo co que nos trata Reyvi e o seu fiel compromiso coa formación.

A segunda parte desta xornada en Reyvi foi, coñecer todo o funcionamento loxístico desta empresa, que é un referente no sector da pastelería, panadería e a restauración.

Vimos, todos os departamentos do almacén: recepción, administración, zonas de almacenamento de perecedoiros e non perecedoiros, peiraos de carga e xestión de expedicion de mercadorías e transporte. Agradecer ao noso comercial Pablo pola súa explicación e visita ás instalacións.

 

Share this Post