CULLER DE PAU, IDENTIDADE E RAÍZ

/ Xaneiro 22, 2024/ Noticias

“De todos é sabido que as raíces se atopan nun territorio , e o máis importante: están nun mesmo”…

Con esta reflexión saímos da visita dos nosos alumnos do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería do restaurante Culler de Pau. Situado no Grove consta de 3 Soles Repsol e é o único restaurante galego con dúas estrelas Michelin.

E é que, nesta visita comezamos coñecendo esa identidade tan clara que transmite “Javier Olleros” e “Amaranta Rodríguez” no seu proxecto .

A súa raíz pasa por vertebrar a esencia do seu restaurante partindo, do compromiso polos produtos e produtores da nosa terra.

E vimos a importancia que ten o contextualizar a cociña referenciándoa a ese produto, o compromiso co territorio.

Unha visita que estou seguro será xerme de motivación para os nosos alumnos e profes que gozaron e vibraron coa emoción de estar neste referente da gastronomía.

Agradecer a todo o equipo de Culler de Pau por darnos esta oportunidade de aprendizaxe e exemplo. Unha vez máis a EFA comprometida cos proxectos que dinamizan o noso rural.

Share this Post