MASTERCLASS DE PSICOMOTRICICADADE A CARGO DE MONTSE OLMEDA

/ Maio 2, 2022/ Noticias

A semana pasada visitou a EFA por segundo ano consecutivo, a psicóloga sanitaria e Guía Montessori, Montse Olmeda, xerente do Centro de Psicoloxía e Psicomotricidade Vigo.

Con ela, o alumnado realizou unha masterclass de psicomotricidade enfocada ao ámbito infantil, partindo sempre dunha relación sana e saudable cos cativos, onde os educadores, en palabras de Montse, temos que ser a parte máis aberta do mundo pechado do neno. É na aula onde debemos de fomentar as relacións interperosais cos nenos e nenas, de tal maneria que unamos ao grupo.

A través de varios exercicios de psicomotricidade, traballamos a organización espazo-temporal, a simbolización, a representación, a lateralidade, o equilibrio e o control postural, entre outros.

A sesión finalizou cunha reflexión nunha folla onde debuxaron o que lles transmitiu e sentiron nela. Foi unha experiencia moi enriquecedora a nivel grupal e individual.

Moitísimas gracias Montse!

Share this Post