INNOVACIÓN, ECONOMÍA CIRCULAR E DESEÑO SOSTIBLE – A RSC

/ Maio 3, 2022/ Noticias

A Doutora en Biotecnoloxía Mariña Ángela Cortina, imparte unha interesante sesión para o Ciclo Superior de Administración e Finanzas cuxo corazón é a Responsabilidade Social Corporativa dende a perspectiva ambiental.

O pasado venres, a Doutora Ángela Cortina, Secretaria Técnica de ARVI (Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo) e cofundadora de dúas empresas en UK e USA, visitou EFA A Cancela para favorecer un diálogo sobre a innovación, o deseño sostible e a economía circular desde a perspectiva da responsabilidade social corporativa.

Ademáis de definir estes conceptos clave, fundamentais no panorama empresarial actual, estableceu as conexións que os relacionan, utilizando exemplos do sector da alimentación, a arquitectura… e centrándose no caso concreto de dous proxectos europeos nos cales traballou directamente desde o Departamento de I+D+i da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo: o Proxecto Oceanets e o Proxecto Nettag, cos cales contribuiu á circularización económica do uso de redes de pesca no sector.

Esta sesión formativa formou parte do noso Proxecto Voz Natura para o curso 2021 – 2022: “As Neves, Naturalmente”.

Share this Post