“Marketing 4.0”

/ Febreiro 12, 2022/ Noticias

“Marketing 4.0” é o título da sesión que recibiron onte os alumnos de 1ºCS de Administración e Finanzas e de 2ºCM de Xestión Administrativa dentro do módulo “Comunicación e Atención ao Cliente”

Emilio García Roselló, subdirector de profesorado e organización da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo foi o encargado de meternos no marabilloso mundo do Marketing Dixital.
Co “Marketing 4.0”, o que se busca xa non é só facer publicidade dos produtos, se non chegar a coñecer ao cliente a través do “big data” ou as “RRSS” para conectar cos seus gustos e chegar a el a través de todas as canles posibles, mesturando, o físico e o mundo en liña.
Destacou a enorme importancia que teñen hoxe en día o papel dos “Influencers” en idades de entre 13 e 18 anos, moita máis que calquera tipo de publicidade.
Falounos de empresas como Amazon que están a avanzar tan rápido que xa dispoñen de tendas intelixentes en Estados Unidos, sen caixeiros, nin persoal de ningún tipo, onde o cliente entra, colle os seus  produtos e automaticamente recibe a cobranza no seu móbil.

Estímase que este tipo de tendas chegarán a Europa en 2023.
O ritmo da innovación é tan rápido que o Marketing 5.0 xa se está utilizando. Realidade aumentada, uso de ” Chatbox” intelixentes , onde a tecnoloxía non será unha limitación se non que se chegará a dubidar se o que estás a vivir é realidade ou ficción

Share this Post