FUMAR E OS SEUS MALOS FUMES
Rebeca Castro, técnica de prevención da AECC impartiu unha sesión formativa ao alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería sobre o tabaco e os dispositivos para fumar.
O noso alumnado asistiu a esta sesión onde Rebeca Castro falou sobre o tabaco e os dispositivos que se utilizan para fumar, entre os cales destacan os cigarros electrónicos, a cachimba e os vapeadores.
“Unha cachimba equivale ao fume de 200 cigarros” salientou Rebeca, engadindo un dato escalofriante: o consumo de cigarros electrónicos entre os estudantes de 14 a 18 anos sitúase no 22.8%
Desde EFA A Cancela agradecemos a Rebeca esta sesión