II XORNADA FÓRUM DE EMPREGO EFA A CANCELA

/ Novembro 17, 2023/ Noticias

Continuamos coa segunda xornada do II Fórum de Emprego EFA A Cancela con D. Ramón Santorio de Secot e a sesión “Ideas e emprendemento”.
“O mundo é salvaxe”.
“O importante é que resistas”.
“Cre en ti mesmo”.
Ramón empezaba a súa intervención facendo un símil cunha coñecida película e a importancia destas mensaxes.
Debemos ter amplitude de horizontes, estamos nunha época de cambios tecnolóxicos e debemos prepararnos para traballos que nin sequera se inventaron.
Utilizando ferramentas como CANVAS, DAFO, CAME sacaremos adiante a nosa idea de negocio.
Describíanos por último Antonio as calidades para ter éxito nun negocio: paixón, resiliencia, optimismo, liderazgo e aprender dos erros son só algunhas delas.
“Acompañamento aos novos emprendedores” era nosa 2ª sesión con D. Adrián Caamaño do Polo de emprendemento de Silleda.
Asesoramento a novos emprendedores é a súa principal función.
“Tanto se tes unha idea pero aínda non a botaches a andar, como se estás xa funcionando pero queres mellorar ou teu negocio ou simplemente se pensas que emprender podería ser unha alternativa para ou teu futuro laboral, na Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego querémoste acompañar”, podemos ler na súa web da Xunta.
Características dun traballador eficiente foi a sesión que nos impartiu D. Juan Fonseca Morillo, empresario e comunicador.
O proceso de procura de emprego é algo que se aprende practicando.
Dos fracasos apréndese TODO, porque despois de fracasar esforzámonos máis para superalos e non volver cometelos, sostén Juan.
Todos temos habilidades duras e brandas. Todas elas pódense traballar ao longo da vida: resiliencia, asertividade…
Como experto en RRHH, Juan Fonseca contábanos que se necesitan empregados que saiban traballar en equipo e que se impliquen coa empresa, xa que serán máis produtivos. Que sexan responsables, con respecto polo equipo, asertivos, con ganas de aprender e creatividade, con dedicación, que saiban xestionar o tempo, asumir a crítica e os erros, así como achegar solucións.
(Coñecementos+Habilidades) x Actitude= Éxito , é unha fórmula creada por Juan Fonseca que ten en conta á hora de contratar novos traballadores.
Por último, D. José Ángel Rodríguez. Director da Oficina de Emprego de Tui explicounos as “Novidades na Regulación do Emprego en Galicia.
“Contrat@”. Con este programa da Xunta totalmente telemático, tense un control dos contratos en activo.
Ofrécense tamén novos tipos de cursos de formación, máis especializados e específicos.
Share this Post