VISITA Á GRANXA ESCOLA EL KIRIKO

/ Novembro 21, 2023/ Noticias

A semana pasada, o alumnado do 2º curso do CFGS de Educación Infantil, realizou unha visita de estudos á Granxa Escola “El Kiriko”, en Fornelos de Montes. Alí nos esperaba Peke, a coordinadora de actividades da granxa, para explicarnos o funcionamento da mesma, e as actividades que realizan cos cativos, así como os programas escolares, grupais, xornadas de lecer en familia, campamentos…e moitos máis que levan a cabo.
Gracias a ela, tamén coñecimos aos animais que alí habitan, interactuando con eles, (aínda que con uns máis que con outros), e como exemplo ben claro, temos á burra Clarita, que non se separaba de nós.
Moitas gracias outro ano máis a “El Kiriko”, pola acollida.

Podedes consultar todo, na súa páxina web www.kirikonatura.com

Share this Post