Comezamos o II Fórum de Emprego EFA A Cancela coa intervención de D. José Manuel Alfonso González, alcalde de As Neves, e a súa ponencia “Un emprego no rural é posible”

/ Novembro 16, 2023/ Noticias

“Non desistas, viaxa, traballa o coñecemento do medio”.
Non estacionalizar as nosas vendas, innovar ofertas fóra de tempada dos produtos e engadir un valor extra ao que ofrecemos é a clave do éxito.
Hai moitas oportunidades no rural que están sen explotar e que poderían converterse nunha forma de vida.
Continuamos con D. Alberto Cabadas, Director de Aguas de Mondariz explicando as “Necesidades actuais da empresa”.
Compromiso.
Ese é a mensaxe que Alberto quixo transmitir.
As necesidades de emprego actuais son moi diferentes ás de antes pero segue habendo conceptos non tanxibles que son os máis valiosos; o ser boa persoa é máis importante que ser brillante academicamente.
É imposible ensinarlle algo a alguén que non quere aprender… A actitude é algo primordial.
“Coñezo a moitas persoas brillantes academicamente que fracasaron e a moitas que, sen estudos, pero traballadoras, triunfaron”, destacou Alberto en varias ocasións.
Por último describiu a cultura de empresa como a maneira na que nos comportamos e comprometemos.
Sostivo que Zara ou Amazon non terían éxito se non tivesen a loxística que nos ofrecen. A inmediatez, é o que busca hoxe un cliente.
Alberto terminou a súa intervención destacando os 150 anos que leva creando emprego no rural.
A continuación representantes da Academia Postal faláronnos de “Emprego Público”.
As oposicións cada vez están máis solicitadas debido ao problema actual de acceso rápido ao mundo laboral.
En función da titulación que teñas poderás acceder a unha praza de cada categoría.
As relatoras destacaron que nos sectores que estudan o noso alumnado hai moita variedade de oposicións: administracións públicas en xeral, sanidade, educación…
Por último, D. Daniel Diéguez dunha maneira interactiva e facendo partícipe ao público foi explicando as claves para superar adecuadamente unha entrevista de traballo.
Debemos mostrar unha aparencia e un comportamento similar ao que desenvolveriamos nese posto de traballo.
Respondendo as preguntas do auditorio e dun xeito moi divertido deunos as claves para facer unha entrevista de éxito.
Share this Post