II Xornada en Lisboa

/ Febreiro 16, 2023/ Noticias

Hoxe a parada gastronómica do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería pola capital lusa foi na Taberna Moderna.

Este restaurante pertence a un galego, Luis Carballo.

Entre as súas recomendacións: atún con mango, arroz con chourizo de cabaza ( calabizo) e cogomelos, ovos rotos con gulas e camarón.

Unha proposta innovadora que impactou nas súas orixes fai xa máis de 12 anos, pois se trata dunha carta chea de pratos  para compartir,  onde cada detalle comprende un cúmulo de motivos para volver e converter ao cliente no verdadeiro protagonista.

Datos que nos sorprenderon deste lugar é a estética desenfada chea de arte e como aposta diferenciadora, que conta  para a sobremesa co mellor ginbar de Lisboa, que mesmo podería ser toda a cea maridada por xenebras de todo o mundo.

Seguimos a nosa visita na escola profesional de cociñeiros, pasteleiro e panadeiros de Lisboa, unha das escolas de máis alto nivel de Portugal que representa ao país luso nos campionatos internacionais. Cociña renovada Portuguesa, cociña xaponesa, latinoamericana son varias das especialidades que aquí se imparten.

Agradable visita que nos ofreceron os nosos colegas profesionais portugueses e que foi de gran interese para o noso alumnado que espera seguir formándose nun futuro

Share this Post