EFA A Cancela triunfa no concurso Xuventude Crea 2024
Estamos de noraboa! Tres parellas de alumnos da nosa escola demostraron o seu talento e paixón pola cociña no certame Xuventude Crea 2024, organizado pola Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia. O evento celebrouse na Escola Superior de Hostalería de Santiago de Compostela, onde os nosos estudantes destacaron pola súa creatividade e compromiso coa tradición gastronómica galega.
Primeiro premio:
Pablo e Ana, de As Neves, conquistaron ao xurado cunha torrada de viño tinto de Rubiós, aromatizada con cítricos da nosa horta e acompañada dun xeado de requeixo de As Neves. Unha homenaxe á súa terra e á súa rica tradición culinaria.
Terceiro premio:
Sofía e Valeria, de primeiro curso, sorprenderon coa súa proposta Lume de Santa Compaña, unha deliciosa mousse de chocolate branco con compota de plátano e curry, salseada cun xugo de queimada elaborado con augardente branca D.O. Galicia.
Felicitamos a todo o equipo da EFA A Cancela e agradecemos o seu esforzo por levar a tradición galega ao máis alto nivel. Estamos moi orgullosos de vós!
A cociña é arte, e os nosos alumnos son verdadeiros artistas. Seguimos cultivando talento e identidade. Viva a EFA A Cancela!