Dúas profesionais sanitarias do Centro de Día As Neves realizaron na nosa EFA unha estupenda sesión formativa sobre o funcionamento do seu centro de traballo

/ Novembro 26, 2024/ Noticias

Unha TCAE, antiga alumna da nosa segunda promoción do C.F.G.M. CAE e unha psicóloga responderon ás dúbidas e cuestións do noso alumnado, explicando o funcionamento diario dun centro de día do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

O pasado 6 de novembro Antonia Cuevas Teijeira (psicóloga) e María José Martínez Bouzo (TCAE e antiga alumna do noso ciclo) estiveron a cargo dunha estupenda sesión formativa sobre o traballo dos TCAEs nos centros de día.

O noso alumnado aproveitou esta sesión a fondo, aprendendo os detalles do funcionamento deste tipo de centros e, en concreto, os do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, xirando toda a información en torno ás preguntas que previamente preparáramos na clase mediante dinámicas colaborativas.

O noso alumnado considerou que esta sesión foi moi útil por tratar a fondo o funcionamento dun centro de día, comparándoo co dunha residencia, por ser o primeiro tamén un dos posibles tipos de empresa nos que poderán traballar no futuro.

O noso alumnado tamén salientou toda a información recibida sobre patoloxías, así como a importancia do papel da psicóloga na valoración das persoas usuarias e no estudo da súa evolución no centro de día, xogando un rol importantísimo na comunicación entre o persoal, as persoas usuarias e as súas familias.

En EFA A Cancela agradecemos enormemente a implicación do Centro de Día As Neves e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar na formación do noso alumnado.

Esta sesión formativa incluiuse na programación horizontal do noso Ciclo de Enfermería como parte do Proxecto Empresa – Aula, que neste trimestre se centra no traballo dos TCAEs en residencias e centros de día.

Páxina web do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

Share this Post